martes, 13 de abril de 2021

CULTIVANDO HABILIDADES

O día 13 de abril desenvolvemos co alumando de 2º de FP Básica esta actividade relacionada cas respostas e o comportamento que os mozos e mozas mostran cando se ven sometidos á presión do seu grupo de iguais. Para elo, dous voluntarios representaron unha serie de situacións relacionadas ca vida cotiá na que un deles exercía presión sobre o outro, e posteriormente debatiuse sobre a maneira de responder de forma axeitada a esta presión e analizaronse as alternativas posibles de solución cando nos vemos sometidos a este tipo de presión negativa.

Posteriormente, fíxose especial fincapé sobre a situación de presión relacionada co eido sexual xa que é un tema moi presente na actualidade e en especial nas idades do alumnado. Visualizouse o vídeo "Consentimento sexual explicado con te" e debatiuse sobre a importancia de comprender que é o consentimiento sexual, das condicións que se poden establecer, así como de comprender unha negativa neste aspecto. Finalmente, o alumnado plasmou por escrito as conclusión ás que chegaron.





No hay comentarios:

Publicar un comentario