miércoles, 2 de junio de 2021

Charla sobre o uso responsable das TICs

O mércores 2 de xuño o alumnado de primeiro curso de FP Básica asistiu a unha charla de dúas horas de duración sobre a realización dun uso correcto das tecnoloxías da información e da comunicación.
A charla foi impartida por un membro do programa Quérote+, que intentou sensibilizar ós rapaces e rapazas sobre os perigos dos malos usos destas ferramentas. O alumnado mostrou bastante interese polo tema xa que fan uso a cotío de redes sociais principalmente, e o encargado de impartir a charla fixo especial fincapé neste aspecto.