miércoles, 26 de mayo de 2021

HOXE EXPLICAMOS NÓS!

Nesta actividade o alumnado foi o encargado de explicar ó resto da clase o traballo realizado ó longo das semanas anteriores sobre as enfermidades de transmisión sexual.
Para isto crearon unhas presentacións en Power Point que lles serviu de soporte e fixo a explicación máis visual.

martes, 11 de mayo de 2021

ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN

Durante parte do mes de abril e maio estivemos a traballar co alumnado da FP Básica o tema da "Función de reprodución". Debido á idade do alumando, fixemos especial fincapé no punto relacionado cos métodos anticonceptivos, intentando que non os viran solamente como un método para evitar embarazos non desexados, sinon tamén como un método de prevención de enfermidades de transmisión sexual. Para conciencialos da necesidade de levar a cabo prácticas seguras o alumnado fixo unha procura de información sobre diferentes ETS. A información que debían recabar na rede abarcaba puntos como: síntomas da enfermidade, quen a causa, posibles tratamentos, etc. 
O alumnado implicouse moito na actividade e tomaron conciencia da gravidade da práctica non segura.