jueves, 19 de mayo de 2022

Charla sobre a violencia de xénero na publicidade e nos medios de comunicación




Onte, 18 de maio, o alumnado dos dous grupos de 1º F.P. Básica asistiu á derradeira das charlas programadas para este curso académico ao abeiro do Programa "Por 365 días de respecto e igualdade": "A violencia de xénero na publicidade e nos medios de comunicación".

viernes, 4 de marzo de 2022

martes, 8 de febrero de 2022

Posta en escena da peza teatral Golpes





Hoxe tivo lugar no salón de actos do centro a posta en escena da peza teatral Golpes, da man da actriz Estíbaliz Veiga.

O alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos e de Mantemento de Vehículos (e tamén o profesorado responsable) disfrutamos moito do bo quefacer de Estíbaliz nesta peza que, sen dúbida, remove conciencias.

sábado, 18 de diciembre de 2021

Actividade sobre roles e estereotipos masculinos e femininos


 Para pechar o mes de novembro, o grupo de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos e a súa profesora Cristina reflexionaron sobre os roles e estereotipos que a sociedade impón a homes e mulleres e plasmaron o resultado da chuvia de ideas en dúas cartolinas: a de cor azul estaba destinada aos roles femininos; a rosa, aos masculinos:


viernes, 26 de noviembre de 2021

Obradoiro sobre "Violencia de xénero e novo contexto dixital"


O pasado martes, 23 de novembro, a psicóloga de Pantallas Amigas, Haizea Álvarez Domínguez, veu impartir ao noso centro un obradoiro educativo sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital". Nel participou o alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos e Mantemento de Vehículos.

Estivo centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión…



miércoles, 2 de junio de 2021

Charla sobre o uso responsable das TICs

O mércores 2 de xuño o alumnado de primeiro curso de FP Básica asistiu a unha charla de dúas horas de duración sobre a realización dun uso correcto das tecnoloxías da información e da comunicación.
A charla foi impartida por un membro do programa Quérote+, que intentou sensibilizar ós rapaces e rapazas sobre os perigos dos malos usos destas ferramentas. O alumnado mostrou bastante interese polo tema xa que fan uso a cotío de redes sociais principalmente, e o encargado de impartir a charla fixo especial fincapé neste aspecto.

miércoles, 26 de mayo de 2021

HOXE EXPLICAMOS NÓS!

Nesta actividade o alumnado foi o encargado de explicar ó resto da clase o traballo realizado ó longo das semanas anteriores sobre as enfermidades de transmisión sexual.
Para isto crearon unhas presentacións en Power Point que lles serviu de soporte e fixo a explicación máis visual.