martes, 23 de febrero de 2021

BENVIDA !

Benvid@s ó blog dos programa Quérote+ e Por 365 días de respecto e igualdade do Plan Proxecta para o curso 2020/2021.

Este blog estará destinado a mostrar o traballo realizado co alumnado de FP Básica do CIFP Porta da Auga de Ribadeo. Ao longo do curso académico realizaremos unha serie de actividades para formar e concienciar ó alumnado nos ámbitos da educación sexual, elaborando diferentes estratexias socio-educativas que aborden esta temática nunha etapa de cambios como é a pubertade. Tamén traballaremos conceptos como o respecto e valores cara o resto de membros da comunidade, facendo especial fincapé na prevención da violencia de xénero, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

lunes, 22 de febrero de 2021

Exposición "Á violencia dille non"



A finais de xaneiro e principios de Febreiro tivemos no noso centro a exposición "Á violencia dille non", na que o alumnado puido ver diferentes aspectos perxudicias nas relacións amorosas relacionados coa violencia, o control, a chantaxe...

miércoles, 10 de febrero de 2021

Ficha 4

 Ficha 4

O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO

Que é o amor? Que é o namoramento? Que se sente nese estado? O amor como emoción ou sentimento é diverso, non hai un modelo nin unha forma de expresalo que sexa única; é plural e diverso como o son as persoas e as relacións afectivas que se poden establecer entre elas.

Esta serie de tópicos e mitos asociados ao amor romántico crean unha serie de expectativas sobre como deben ser as relacións afectivas e tamén un estándar no comportamento de homes e mulleres.

Existe a media laranxa. Os celos son síntoma de amor. A confianza é dalo todo. O amor move montañas (pode con todo). En parella non hai segredos (non hai lugar para a intimidade). Hai que ter parella, se non tes parella é que tes un problema. No amor hai sufrimento, se non o hai é que non hai amor

No mes de febreiro os mozos e mozas investiguen e exploren en diferentes medios as mensaxes que recibimos arredor do amor romántico. Elixeron cancións, películas, series, libros ou algún anuncio publicitario para realizar a tarefa

Na aula vimos "Os Queer Avengers" que son un grupo de mozos e mozas da cidade da Coruña que a través da súa canle de Youtube abordan diferentes temas dende unha perspectiva crítica. Neste vídeo analizan os clichés asociados ao modelo de amor romántico, presentando as diferenzas co amor libre.

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=JuvMDoR-gW0


Enquisa "Mitos sobre o amor"


 


Ficha 3

 Ficha 3

Ficha 2

 Ficha 2

A EDUCACIÓN SEXUAL

A sexualidade é un valor indisociable que nos fai persoas únicas e particulares. O proceso de sexuación é o proceso a través do cal nos imos convertendo en mulleres e homes diversos. Un proceso que abarca toda a vida da persoa e está en constante evolución. 

A través da educación dos sexos, imos adquirindo ferramentas para construír os nosos propios conceptos e as respostas aos interrogantes. O obxectivo da educación dos sexos é aprender a coñecer, a aceptar e a expresar a nosa erótica dun modo que sexa satisfactorio e nos faga felices.

No mes de Decembro proponse ao alumnado que escriba as preguntas que queiran sobre a sexualidade e aspectos que se relacionan con ela (prácticas, relacións, diferenciación, etc,....) 

Coas preguntas que xurdiron se planteo un debate na aula onde o alumnado achego as súas ideas, sus dúbidas e reflexións. Tratamos de dar resposta a cada unha delas.




Ficha 1

 Ficha 1

PRESENTACIÓN DO QUÉROTE+

Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a mocidade. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de forma confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima.

Durante o mes de decembro dimos a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría.

Na aula de informática, accederon aos contidos virtuais e á asesoría en liña. 

 http://xuventude.xunta.es

http://xuventude.xunta.es/querote-mais